HomesociedadeSAF Chantada esixe a remunicipalización do servizo de atención ó domicilio

SAF Chantada esixe a remunicipalización do servizo de atención ó domicilio

SAF Chantada celebra o recente fallo de dous despidos nulos das compañeiras, Ángeles e Elisabeth, por parte da empresa Samain. Os despidos vulneraron dereitos fundamentais sen motivos que os xustificaran, como recollen as sentenzas, que tamén recollen ao concello de Chantada como responsable solidario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun comunicado emitido por SAF Chantada aseguran que nas sentenzas establécese a violación de dereitos fundamentais como o de igualdade ou o da integridade física, ademais de motivar o despedimento exclusivamente nunha falta de rendemento estando de baixa, cando cunha baixa de longa duración, esta queda establecida como o dunha discapacidade, motivo polo que converte este despido en nulo.

“Os colectivos con discapacidade ou os que son vítimas de violencia de xénero son colectivos de especial protección como así o establece a lexislación e as bases deste convenio,” sinalan, “e o Concello, estando ó tanto de todas estas irregularidades, sumouse ás pretensións de Samain, converténdose en cómplice da violación de dereitos fundamentais, cos diñeiros de todos os contribuíntes.”

Cren desde a SAF que estas e outras iregularidades cometidas por Samain son máis que suficientes para rescindirlle o contrato. “Esta empresa viola dereitos fundamentais das traballadoras, e presta o servizo nunhas condicións que non se ciñen ó convenio anterior. Esta forma de prestar o servizo padécena tamén a maior parte das usuarias, que ven como cada día son atendidas por unha traballadora diferente,” engaden.

SAF Chantada lembra que a empresa enfróntase a outras demandas por impago de antigüidade, pagas extras, quilometraxe e outros conceptos salariais. Nesta situación consideran que Samain “é unha empresa que sistemáticamente incumpre a lei tendo ó seu lado ao goberno municipal.”
Piden a rescisión inmediata do contrato con Samain e a volta a un servizo público de calidade, xa que na actual situación de incumprimetos e irregularidades o costo do servizo aumentou.

A maior parte destas traballadoras teñen danos severos e músculo-esqueléticos, “mentres o goberno municipal non fai o seu traballo vixiando a saúde das traballadoras e o cumprimento das condicións laborais, como así o esixe a lei e as cláusulas da concesión.”

ÚLTIMAS

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...