HomeSucesosDetido un dos ladróns que roubou nunha casa en Sarria e atou...

Detido un dos ladróns que roubou nunha casa en Sarria e atou a dous menores

Publicado o

- Advertisement -

Un home afincado en Lugo e de orixe sudamericana foi detido con relación ó roubo sucedido nunha vivenda en Sarria e no cal dous menores de idade de 8 e 11 anos foron atados e encerrados no cuarto de baño.

A Garda Civil localizou ao suposto delincuente por ser el o titular da furgoneta de alquiler que usaron para entrar na vivenda. Actualmente, o veciño lucense atópase á espera da súa disposición xudicial en dependencias da Garda Civil de Lugo. Mentras tanto, efectivos da benemérita seguen a traballar para localizar ós outros dous delincuentes.

Todo sucedeu o mércores á tarde. 3 ladróns entraban na vivenda dunha familia de orixe chinesa en Sarria. O suceso, que tivo lugar ó redor das 18:30 horas, tiña como obxectivo o roubo de diñeiro en efectivo e xoias que a familia tiña a bo recaudo no domicilio. Tras menos de media hora no interior da vivenda, os 3 ladróns déronse á fuga nunha furgoneta alquilada.

 

ÚLTIMAS

Adxudicada unha obra de mellora para a LU-P-4702 na Pobra do Brollón

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo avanzou este pasado venres na contratación...

Quiroga solicita ante a Subdelegación do Goberno o arranxo inmediato da N-120

Segundo sinalan desde o Concello de Quiroga a N-120 está nun estado moi precario...

‘Os contos de lobicán’, teatro infantil e familiar en Monforte

A compañía REDRUM TEATRO presenta en Monforte de Lemos o espectáculo "Os contos de...

Un incendio nunha vivenda alerta aos veciños de Láncara

Un incendio calcinou por completo unha habitación dunha vivenda en Láncara durante a noite...