HomeSucesosQuen andará detrás dos lumes de Peites en Ribas de Sil?

Quen andará detrás dos lumes de Peites en Ribas de Sil?

Tres días seguidos e tres lumes que se orixinaron na N-120 á altura do acceso á aldea de Peites no concello de Ribas de Sil.

Publicado o

- Advertisement -

Que a maioría dos lumes son provocados é unha triste realidade en Galicia. Para mostra o que aconteceu estes días na N-120 nas proximidades do punto quilométrico 478, á altura do acceso á aldea de Peites no concello de Ribas de Sil.

O pasado xoves e tamén o venres, ao redor das 22.00 h, empezou a arder na cuneta da localización comentada en 2 puntos distantes a menos dun quilómetro. Segundo nos explica Luís Pinos, concelleiro de Ribas de Sil, a colaboración cidadá, entre eles os clientes do restaurante Pazo do Sil que foron testemuñas do comezo das lapas e puxéronse a apagalas, e a rápida actuación das brigadas evitaron males maiores. Un dos riscos era que o lume avanzase con perigo cara as poboacións próximas, Peites e Figueiredo.

Un dos focos, moi preto do acceso a Peites. Foto: Pedro Soto

E por se o medo fose pouco con estes dous intentos, o sábado cara as 14.00 h. da tarde volvía prender o lume noutros dous puntos na parte de montaña da N-120 á altura no quilómetro 478. Un dos focos localizado antes do acceso a Peites e o outro despois. Neste caso os danos do lume foron maiores ardendo monte baixo pero tamén arboreda, castiñeiros, enciñas e oliveiras. Luís Pinos comenta que o bo traballo dos brigadistas e a sorte de contar coa proximidade do río Sil para abastecer de auga a avións e helicópteros foi clave para controlar o incendio xa cara as 18.00 h da tarde. As poboacións en perigo, que grazas ao anterior viron con certa distancia o lume, foron Casares, Peites e Figueiredo.

A xente do lugar durmirá tranquila pero seguramante coa mosca detrás da orella dadas as extrañas circunstancias do acontecido nestes tres días.

Oliveira queimada no incendio de Peites. Foto: Carlos Mourelo

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...