HomeSucesosEstafan a un veciño de Taboada cunha venda a través de Internet...

Estafan a un veciño de Taboada cunha venda a través de Internet dun tanque de leite frío

A Garda Civil identificou a un residente na Comunidade Valenciana por estafar a un veciño do municipio de Taboada, na venda a través de Internet dun tanque de leite frío.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informou a Garda Civil de Lugo, o pasado 18 de xuño de 2021 un veciño de Taboada denunciou accesos á súa conta bancaria non autorizados para solicitar dous préstamos bancarios por importe total de 3.000 euros e unha transferencia por 1.500 euros.

O denunciante manifestou que, tras poñer nun portal web de venda de artigos de segunda man un tanque de leite frío, unha persoa interesouse polo artigo e díxolle que podía facer un pago por Bizum. Así, tras acceder o vendedor, envioulle unha ligazón a través de WhatsApp para poder recibir o diñeiro.

A vítima fixo click na ligazón remitida polo comprador e cubriu os datos. A partir dese momento, indican as mesmas fontes da Benemérita, o autor dos feitos “fíxose coas claves de acceso á banca en liña do denunciante e solicitou préstamos por importe total de 3.000 euros e unha transferencia por valor de 1.500 euros.

Retirada en caixeiro

O Equipo da Comandancia da Garda Civil investigou os feitos e descubriu que o diñeiro primeiro transferiuse a unha conta bancaria e despois a outras dúas. Ademais, parte do diñeiro foi retirado nun caixeiro da localidade de Los Alcázares (Murcia).

Posteriormente foi identificada a persoa que realizou a operación no caixeiro, un home de 40 anos residente na Comunidade Valenciana, que conta con “numerosos señalamientos” de procura, detención e personación emitidos por diversos xulgados españois, apunta o Instituto Armado.

Coa identificación desta persoa, o Equipo considera esclarecido un delito de estafa e remitiu as dilixencias ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 1 de Chantada.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...