HomeSucesosUn monfortino apuñala á súa exparella, tamén de Monforte, na localidade leonesa...

Un monfortino apuñala á súa exparella, tamén de Monforte, na localidade leonesa de Sahagún

A agresión producíase na madrugada do xoves 20 e remataba coa detención do agresor e o traslado da vítima ao complexo asistencial de León, onde permanece estable.

Publicado o

- Advertisement -

Unha chamada ás 5.25 da madrugada do día 20 alertou dunha agresión na rúa Barrio de San Pedro en Sahagún, onde unha muller se encontraba ferida. A muller, de 43 anos e veciña de Monforte, foi trasladada ao Hospital de León onde foi atendida e a súa vida non corre perigo, ao non verse afectados órganos vitais.

O agresor, que confesou os feitos, foi detido pola Garda Civil. Trátase da exparella da muller, tamén de Monforte e traballador de Renfe. A parella residía en Sahagún desde hai 10 anos e ten unha filla en común.

O alcalde de Sahagún, Lisardo García, amosou a súa condena e repulsa ante este feito de violencia de xénero e anuncio que próximamente convocarase unha concentración de repulsa diante do concello.

 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...