HomeSucesosIncendio dunha cociña nunha vivenda particular en Monforte

Incendio dunha cociña nunha vivenda particular en Monforte

Segundo informa o 112, os feitos tiveron lugar ás 11,45 horas deste venres, cando un veciño chamou para informar dun incendio nun piso de rúa Doutor Casares en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 112 avisou aos Bombeiros de Monforte e aos profesionais de urxencias sanitarias. Unha vez no lugar, os equipos de intervención informaron que as chamas foron controladas por particulares e que ardeu a campá extractora e algúns mobles da cociña.

No interior da vivenda había unha persoa que tivo que ser trasladada ao hospital monfortino.

Alí tamén se desprazaron os axentes da Policía Nacional e Local e efectivos de Protección Civil de Monforte.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...