HomeSucesosIncendio forestal entre Monforte e A Pobra do Brollón

Incendio forestal entre Monforte e A Pobra do Brollón

Publicado o

- Advertisement -

A primeira hora da tarde do xoves 4 de outubro desatouse un incendio forestal entre as parroquias de Sindrán -Monforte- e Pinel -A Pobra do Brollón-.

Actualmente encóntranse traballando no lume 2 axentes, 4 brigadas, 3 motobombas e 5 helicópeteros; o do Marroxo, o de Portomarín, o de Toén, o de San Juan de Río e finalmente, un helicóptero de coordinación da Xunta de Galicia.

Segundo fontes que informaron a este xornal, o incendio está estabilizado e calcúlase que arderon ó redor de  3 hectáreas aínda que é cedo para concretar este dato pois non está parametizado.

Na foto que ilustra este artigo pódese ver a columna de fume que se podía ver dende a nacional 120.

Cabe salientar que no día de hoxe dende 112 Emerxencias Galicia fíxose un chamamento á precaución pois todo o territorio lucense, agás a zona norte, está en risco extremo de incendio por mor da falta de choivas e as altas temperaturas.

En cor vermella, as zonas galegas en risco extremo de incendio/112EmerxenciasGalicia

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...