HomeSucesosRestablecida a circulación ferroviaria tras o desprendemento de terra en Quiroga

Restablecida a circulación ferroviaria tras o desprendemento de terra en Quiroga

A circulación ferroviaria entre Monforte e Ponferrada permanecía cortada desde o mediodía do xoves.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A circulación ferroviaria entre Monforte e Ponferrada, que desde o mediodía de onte permanecía cortada por un desprendemento que avariou un Alvia, quedou restablecida na tarde deste xoves, segundo confirmou en Twitter o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif).

O corremento de terra ocorreu á saída dun túnel entre as estacións de Freixeiro e San Clodio, no termo municipal de Quiroga.

O Alvia, que nun primeiro momento tivo que deterse polos leves danos sufridos polos materiais desprendidos, logrou posteriormente continuar a marcha ata San Clodio.

Desde alí, segundo fontes de Renfe consultadas por Europa Press, os pasaxeiros foron trasladados ata León en autobús, para posteriormente continuar en tren ata os seus respectivos destinos.

O Alvia afectado saía da Coruña ás 8.05 horas da mañá e a hora de chegada a Barcelona sería ás 21.35 da noite.

Dáse a circunstancia de que un dos tramos anteriores ao momento do desprendemento xa permanecía cortado polas obras de electrificación da liña Lugo-Ourense realizadas por Adif. Por iso, os pasaxeiros xa tiveran que chegar a Monforte en autobús.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...