HomeSucesosCortada a estrada LU-P-1009 en Carballedo por un corremento de terra

Cortada a estrada LU-P-1009 en Carballedo por un corremento de terra

Cortada a estrada provincial do Piñeiro a Lamacarreira en Carballedo por un corremento de terra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A estrada provincial LU-P-1009, que conecta os núcleos do Piñeiro e Lamacarreira por Buciños, en Carballedo, quedou cortada onte á noite a causa dun corremento de terras provocado polas fortes choivas da pasada fin de semana.

Aínda que o firme non se viu afectado, as precipitacións provocaron a formación dunha cavidade debaixo da vía, á altura do punto quilométrico 1,500, que podería afectar á seguridade na circulación de vehículos.

A Deputación xa sinalizou o corte da estrada como medida de prevención e nos vindeiros días comezará cos traballos para poder reabrila ao tráfico o antes posible.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...