HomeSucesosUn incendio calcina unha vivenda en Monforte e obriga a trasladar a...

Un incendio calcina unha vivenda en Monforte e obriga a trasladar a dúas persoas ao hospital

Unha delas tivo que ser atendida por inhalación de fume, mentres que a outra sufriu unha crise de ansiedade debido á situación.

Publicado o

- Advertisement -

Dúas persoas foron trasladadas ao hospital tras un incendio que calcinou a práctica totalidade dunha vivenda en Monforte de Lemos. Unha delas tivo que ser atendida por inhalación de fume, mentres que a outra sufriu unha crise de ansiedade debido á situación.

Foi un particular quen deu o aviso ao 112 Galicia cara ás 19 horas da tarde do sábado: estaba a arder unha casa de dous pisos na rúa de Rioseco. No primeiro momento era incapaz de confirmar se había persoas no interior. Varios veciños máis chamaron nos instantes posteriores, entre eles os ocupantes da vivenda, que se atopaban xa no exterior.

Desde o 112 coordinouse a acción dos diferentes servizos de emerxencias: solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte e de Sarria, dos axentes da Policía Nacional e Local e dos medios do distrito forestal da zona. Ademais, alertouse por se tivesen que intervir aos Bombeiros de Chantada e ao GES de Quiroga-Folgoso do Courel.

Unha das persoas que se atopaban dentro indicou que comezara a saír fume dun forno eléctrico que estaban a utilizar. Pouco despois da medianoite, os Bombeiros de Monforte comunicaron que ardeu a vivenda na súa práctica totalidade, colapsando o tellado. Estaba construída en madeira e só salvouse a cociña

ÚLTIMAS

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...