HomeSucesosTres persoas intoxicadas por gas nunha vivenda do Saviñao

Tres persoas intoxicadas por gas nunha vivenda do Saviñao

Tres persoas foron trasladadas en ambulancia na noite do luns despois de sufrir unha intoxicación por inhalación de monóxido de carbono nunha vivenda do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu no lugar da Broza e foi o persoal de Urxencias Sanitarias-061 o que alertou dos feitos ao número de emerxencias pouco antes das 23,00 horas. Había a sospeita de que os síntomas descritos polos pacientes podían tratarse dunha intoxicación por gas.

Seguidamente, o 112 puxo a situación en coñecemento dos bombeiros de Chantada, que acudiron ao lugar e confirmaron a presenza de monóxido de carbono no inmoble, posiblemente pola mala combustión da cociña ou por acumulación de lixo no interior da vivenda. Tamén foron alertados a Garda Civil, Protección Civil e persoal da empresa subministradora de gas

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...