HomeTerra de LemosMonforteOs veciños xa alertaran de problemas co veciño que conviviu co cadáver...

Os veciños xa alertaran de problemas co veciño que conviviu co cadáver da súa nai en Monforte

Desde o consistorio precisaron que a principios deste ano os veciños trasladaron un escrito ao concello comunicando que se ouvían berros desde a vivenda, protagonizados polo fillo.

Publicado o

- Advertisement -

Os servizos sociais do Concello de Monforte tiñan constancia da existencia de problemas, en concreto de berros e outras incidencias, no piso onde un home septuaxenario, e que padece unha enfermidade mental, convivía coa súa nai, nonaxenaria.

Así o ratificaron fontes municipais consultadas por Europa Press despois de que se tivese coñecemento de que este veciño da localidade conviviu unha semana co cadáver a súa nai.

Desde o consistorio precisaron que a principios deste ano os veciños trasladaron un escrito ao concello comunicando que se ouvían berros desde a vivenda, protagonizados polo fillo. “Tamén golpes con paraugas”, citaron.

Ademais, comunicaron que desde Servizos Sociais trasladáronse á casa pero que o home non lles deixou entrar, asegurando que a súa nai non estaba, a pesar de oirse a voz da mesma.

Por parte do citado departamento, engadiron, emitiuse un informe, que se trasladou a Fiscalía, sen que por parte desta tivesen ata a data algunha comunicación.

Na mesma liña apuntaron tamén que a familia non estaba censada no municipio nin tampouco estaban adscritas ao Servizo de Axuda no Fogar.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...