HomeSucesosOs bombeiros de Monforte excarceran a unha muller tras envorcar o seu...

Os bombeiros de Monforte excarceran a unha muller tras envorcar o seu vehículo en Marcelle

Os bombeiros de Monforte tiveron que empregar o seu material de excarceración na tarde deste sábado despois de producirse un accidente á altura do punto quilométrico 6 da LU-903, ao seu paso pola parroquia de Marcelle, no concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a información facilitada ao 112, foi necesario cortar a porta do turismo para acceder á ferida, que estaba consciente. Así, foi evacuada coa axuda dunha padiola. Un particular chamou ao 112 ás 18,30 horas para informar os feitos e solicitou axuda para a condutora, atrapada tras envorcar o seu vehículo.

Os xestores do servizo de emerxencias puxeron o sinistro en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos bombeiros de Monforte, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Tamén foron informados membros de Protección Civil e persoal do servizo de mantemento das estradas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...