HomeSucesosEn liberdade con cargos un veciño de Chantada tras roubar unha motoserra...

En liberdade con cargos un veciño de Chantada tras roubar unha motoserra e dúas cubas de aceiro inoxidable

En concreto, o detido é un veciño da parroquia de Sabadelle, en Chantada, de 30 anos, e ao que se lle considera autor de dous delitos de roubo con forza nas cousas cometidos ambos na mesma parroquia.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Chantada como presunto autor de roubo de material en vivendas do municipio, segundo informa. Tras a súa posta a disposición xudicial, quedou en liberdade con cargos. En concreto, o detido é un veciño da parroquia de Sabadelle, en Chantada, de 30 anos, e ao que se lle considera autor de dous delitos de roubo con forza nas cousas cometidos ambos na mesma parroquia.

A Benemérita considéralle o suposto autor do acceso, o 25 de agosto, ao interior dun alpendre dunha vivenda situada en Sabadelle, subtraendo do interior unha maquina motoserra valorada en 700 euros. O día 28 de agosto o detido entrou, segundo a investigación, ao interior dunha adega situada na mesma parroquia, roubando do seu interior dúas cubas de aceiro inoxidable. Estes roubos, engade a Garda Civil, causaran gran alarma social nos veciños da zona debido a que o presunto autor é un residente da mesma parroquia.

ÚLTIMAS

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...