HomeSucesosMorre un peregrino mentres facía o Camiño en Paradela

Morre un peregrino mentres facía o Camiño en Paradela

Publicado o

- Advertisement -

Un peregrino faleceu, na tarde do sábado, no municipio lucense de Paradela cando realizaba unha etapa do Camiño de Santiago.

Segundo informou o 061, minutos antes das 16,30 horas recibiron unha alerta por un paciente inconsciente. Ata o lugar desprazouse un helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, unha ambulancia e persoal sanitario da PAC de Sarria.

O home foi atendido e faleceu no punto, a pesar dos esforzos do equipo sanitario.

ÚLTIMAS

A operación “PonsGoian”, dirixida por un xulgado de Sarria, desarticula unha trama de branqueo de capitais

Trátase da operación 'PonsGoian', iniciada o pasado ano e que continúa aberta, sen descartarse...

Xornadas profesionais no IES Daviña Rey de Monforte este 22 de maio

O evento pretende achegar a realidade do mundo profesional ao alumnado de 4º da...

Exposicións e Letras Galegas na casa da cultura de Chantada

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 31 de maio a exposición...

Colócase o AZUD desmontable da Lagoa da Pinguela, en Monforte de Lemos

A colocación desta presa desmontable, lévase a cabo durante a primavera para darlle continuidade...