HomeSucesosA xuíza deixa en liberdade a dous encarcerados pola suposta agresión sexual...

A xuíza deixa en liberdade a dous encarcerados pola suposta agresión sexual en grupo en Sarria

Xunto a estes dous homes, había un terceiro detido que non entrara no cárcere, pero contra o que si se adoptaron medidas similares. No seu caso, está investigado como cooperador necesario.

Publicado o

- Advertisement -

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Sarria deixou en liberdade a dúas dos presuntos autores dunha agresión sexual en grupo ocorrida en setembro nun local de lecer nocturno do municipio.

Levaban desde o día 10 de outubro en prisión provisional, comunicada e sen fianza, pero este luns a xuíza decretou a súa liberdade a través dun auto despois de que así o solicitasen as súas defensas. Ademais, a Fiscalía non se opuxo, tal e como confirman a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A pesar de que saíron de prisión, si lles impuxo medidas como unha orde de afastamento da denunciante, a prohibición de comunicarse con ela, así como de saír do territorio español, retirada do pasaporte e comparecencia ante o xulgado todas as semanas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...