HomeSucesosMorre un condutor de máis de 60 anos ao caer por un...

Morre un condutor de máis de 60 anos ao caer por un noiro na Pobra do Brollón

A vítima é un home que residía en Quiroga e que viaxaba só no seu coche cando sufriu unha saída de vía e caeu por un desnivel, segundo trasladaron os servizos de emerxencia.

Publicado o

- Advertisement -

Un condutor de 61 anos morreu este mércores no municipio lugués da Pobra do Brollón ao precipitarse por un noiro co seu vehículo.

A vítima é un home que residía en Quiroga e que viaxaba só no seu coche cando sufriu unha saída de vía e caeu por un desnivel, segundo trasladaron os servizos de emerxencia.

O sinistro produciuse ás 15,55 horas no punto quilométrico número 1 da estrada que une A Lama e O Castro en Barxa de Lor, onde o turismo se saíu da vía pola marxe dereita, no que había un noiro polo que caeu.

A central do 112 recibiu unha chamada para alertar do suceso ás 16,30 horas, o que motivou a articulación dun dispositivo no que participaron Garda Civil, bombeiros de Monforte e o GES de Quiroga.

Estes últimos efectivos tiveron que empregarse na zona para liberar á vítima, atrapada no seu coche tras o sinistro.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...