HomeSucesosTrasladada ao hospital con síntomas de intoxicación unha muller á que se...

Trasladada ao hospital con síntomas de intoxicación unha muller á que se lle incendiou a cociña en Taboada

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

Unha muller tivo que ser trasladada a un hospital ao resultar afectada o fume que emitía un incendio declarado de madrugada na súa vivenda, en Taboada. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu no lugar de Sernande, parroquia de Bouzoa, antes das 4.00 horas, cando os ocupantes do domicilio chamaban á central de emerxencias para pedir axuda por mor dun incendio declarado na súa cociña.

Deste xeito, o 112 avisou aos bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso, a Protección Civil, á Garda Civil e a Urxencias Sanitarias-061, que trasladaron á muller ao centro hospitalario porque presentaba síntomas de intoxicación. Mentres, os equipos de extinción sufocaron as chamas, que danaron a campá extractora e algo de mobiliario da cociña.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...