HomeSucesos3 a adultos e 3 menores intoxicados por monóxido de carbono en...

3 a adultos e 3 menores intoxicados por monóxido de carbono en Vilar de Sarria

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 04.00 horas, cando un dos afectados chamou aos servizos de emerxencia para pedir axuda, solicitando asistencia sanitaria para a súa familia, que se atopaba nunha vivenda de Vilar de Sarria e tiña dificultades para respirar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha familia de Sarria, composta por tres adultos e tres menores, tivo que ser trasladada ao centro hospitalario de referencia na madrugada deste xoves tras resultar intoxicados por monóxido de carbono.

Despois da chamada solicitando asistencia deuse aviso a Urxencias Sanitarias, que enseguida comunicou que posiblemente se tratase dunha intoxicación por monóxido de carbono.

Tamén se alertou aos bombeiros, realizando estas medicións, sendo os resultados positivos neste gas, aínda que en valores non moi altos, posto que os residentes xa ventilaran a casa. Tamén se puxo o suceso en coñecemento da Garda Civil e da empresa subministradora de gas.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...