HomeSucesosA caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico da planta potabilizadora de...

A caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico da planta potabilizadora de Monforte por mór do vento deixa sen auga aos veciños

O concello sinalou que se requiriu a Naturgy "a instalación e utilización dun xerador para restablecer o suministro" mentres se prolonguen os traballos de reparación da liña eléctrica.

Publicado o

- Advertisement -

A caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico deixou sen servizo a planta potabilizadora do municipio lugués de Monforte de Lemos, co que as parroquias do concello atópanse sen abastecemento de auga. Segundo trasladou o goberno local que encabeza o alcalde, José Tomé, a través dun comunicado, a interrupción da subministración eléctrica polo problema no tendido da compañía Unión Fenosa-Naturgy provocou a interrupción da actividade na planta, xestionada por Aqualia.

O concello sinalou que se requiriu a Naturgy “a instalación e utilización dun xerador para restablecer o suministro” mentres se prolonguen os traballos de reparación da liña eléctrica. Así, sostén que o xerador “xa está en funcionamento” e trabállase “para arrelgar esta avaría”, polo que espera “que Unión Fenosa restableza a liña eléctrica canto antes para que a potabilizadora recupere o seu funcionamento con normalidade”.

REPARACIÓN

Os danos que inutilizaron a liña eléctrica producíronse na tarde do pasado domingo a causa do temporal que afectou a Galicia durante a xornada, segundo trasladaron a Europa Press fontes da operadora enerxética. Debido aos fortes refachos de vento, unha árbore caeu sobre o tendido e derrubou tres postes da luz, o que interrompeu a subministración de enerxía á planta depuradora. Desde entón, a operadora UFD (Naturgy) instalou un grupo electróxeno para abastecer de electricidade a estación e traballa para a reparación da liña, unha operación “complicada” polas características do terreo onde se atopa.

ÚLTIMAS

O Concello de Chantada leva puntos limpos móbiles ás aldeas do municipio

O Concello de Chantada conta desde o pasado ano co servizo de puntos limpos...

Pancarta e teatro para festexar as Letras Galegas en Quiroga

Con motivo da celebración das Letras Galegas deste 2024 o Equipo de Goberno do...

Pantón perde a mesa electoral de San Vicente de Castillón

O Concello de Pantón informa de novidades nas mesas electorais do municipio de cara...

Monforte celebra o 17 de maio co ‘Festival Letras Galegas’

O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará...