HomeCulturaMonforte celebra o 17 de maio co 'Festival Letras Galegas'

Monforte celebra o 17 de maio co ‘Festival Letras Galegas’

Será na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partires das 12:00 h. As protagonistas serán as entidades monfortinas: Asociación Cultural Amigos da Pandeireta e Coral Polifónica. A sala de exposicións acollerá unha mostra con 10 paneis sobre a escritora homenaxeada este ano, Luísa Villalta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará este 17 de maio o Día das Letras Galegas, data que este ano está dedicado a Luísa Villalta Gómez.

Dentro da programación que está a desenvolver o concello do 9 ao 28 de maio, o día propio das nosas letras ten un carácter e significado especial, motivo polo cal se celebra o un festival musical con 2 entidades culturais musicais locais na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partires das 12:00 h.

O Festival abrirá coa intervención institucional do Alcalde da cidade, José Tomé Roca e despois actuarán: Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte e Coral Polifónica do Concello de Monforte. A entrada é de balde e ata cubrir aforo.

Coral Polifónica de Monforte: Foto: JR Casan.
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte

  • Qué dirán ………………………………… Popular
  • As Sachadeiras e o Trastallo ………. Popular
  • A Trullada da Vendima ……………… Popular
  • Xota de Mesía ………………………….. Popular
  • Foliada do Cabe ………………………… Letra e Música: Xose Luis Cofán Vidal

Dirixe: Xosé Luís Cofán Vidal.

Coral Polifónica do Concello de Monforte

  • No niño novo do vento ….Texto: A. Cunqueiro – Música: Luis Emilio Batallán
  • Cada noite …………………….Texto: Rosalía de Castro – Música: Julio Domínguez
  • Rodaballo ……………………..Popular galega
  • Meu amor mariñeiro………Texto: Manuel Alegre e Lois A.Pousa-Música: X.L.Ribas
  • Se chove ………………………..Popular galega

Director: Fernando Samartino Pérez

Acompañamento Piano: María Quiroga

Ademais, a sala de exposicións da Casa da Cultura acolle unha exposición con 10 paneis dedicados á escritora coruñesa homenaxeada este ano, e que poderá visitarse ata o 28 de maio.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...