HomeSucesosInvestigan unha veciña de Quiroga por vender xoias roubadas

Investigan unha veciña de Quiroga por vender xoias roubadas

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil informou este mércores da investigación aberta contra unha muller de 42 anos veciña de Quiroga acusada de vender xoias roubadas nun establecemento de compra venda de ouro. Acúsana de roubar xoias nunha vivenda para posteriormente comercializar con elas nun establecemento de compravenda de ouro.

Os presuntos feitos tiveron lugar en decembro de 2022 no termo municipal de Ribas de Sil, concello veciño de Quiroga. A Garda Civil sostén que a suposta autora do roubo entrou pola forza á vivenda en cuestión, de onde subtraeu as xoias que logo levou ao citado negocio de compra-venda de ouro para obter delas un rédito económico, como verificou a investigación realizada despois.

A Garda Civil non descarta máis detencións por este caso, segundo apunta nun comunicado.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...