HomeSucesosDous feridos en Sarria nun aparatoso accidente

Dous feridos en Sarria nun aparatoso accidente

Publicado o

- Advertisement -

Unha colisión entre dous vehículos deixou a dúas persoas feridas en Sarria, unha das cales necesitou ser excarcerada.

Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro ocorreu pouco despois das 7,00 horas. O sistema de emerxencia ‘Ecall’ instalado no interior dun dos vehículos deu o aviso. Así, avisouse ao 061, Bombeiros de Sarria, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

Unha vez no lugar, quilómetro 25 da LU-546, os bombeiros informaron de que tiveron que excarcerar a un dos condutores. Ambos os feridos foron evacuados ao hospital. Pola súa banda, foi necesaria a intervención dos servizos de mantemento de vía para que se puidese retomar a circulación do tráfico.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...