HomeSucesosA Garda Civil investiga a unha muller do Saviñao como presunta acosadora

A Garda Civil investiga a unha muller do Saviñao como presunta acosadora

A Garda Civil de Escairón (Lugo) investiga a unha muller como presunta autora dun delito contra a liberdade, definido como 'acoso', por utilizar os datos dunha veciña do Saviñao para a publicación dun anuncio nunha páxina de contactos para adultos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación policial comezou o pasado ano tras recibir unha denuncia en dependencias da Garda Civil en Monforte.

Así, ponse ao descuberto que utilizasen os datos persoais dunha veciña do Saviñao para a publicación dun anuncio nunha páxina de contactos clasificados para adultos.

A vítima, tras a publicación do anuncio, recibiu numerosas chamadas telefónicas e mensaxes mediante aplicacións de mensaxería instantánea, ocasionándolle unha “alteración do normal desenvolvemento da súa vida cotiá”.

Os investigadores solicitaron datos da plataforma anunciante e estableceron unha liña de contacto directo cos diferentes chanzos das organizacións implicadas e recompilaron datos relacionados co ilícito mediante fontes de información de acceso público, utilizando metodoloxía OSINT (Open Source Intelligence).

Coa análise da información obtida os investigadores conseguiron a completa identificación da persoa que publicou o anuncio. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Monforte de Lemos

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...