HomeSucesosAccidente de tráfico na Pobra do Brollón

Accidente de tráfico na Pobra do Brollón

Tivo lugar na N-120, no punto quilométrico 505, e resultou lesionado o ocupante dun dos vehículos implicados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ocupante dun turismo tivo que ser liberado ao quedar atrapado polos pés tras unha colisión con outro vehículo dentro dos límites do Concello da Pobra do Brollón.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois das 19.00 horas deste sábado 23 de novembro na N-120, no punto quilométrico 505 –á altura de Barxa de Lor–, e foi un particular o que deu a voz de alarma.

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Monforte, a Garda Civil, os membros do GES de Monforte e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....