HomeSucesosAtopan un ciclista falecido en Monforte

Atopan un ciclista falecido en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Un ciclista ao que buscaban desde este xoves apareceu falecido nunha pista forestal do concello lucense de Monforte de Lemos, na zona da serra de O Fabeiro. O implicado foi localizado por familiares e veciños que participaban na súa procura, iniciada na noite do xoves, tras saír o home a andar en bicicleta e non regresar ao seu domicilio.antes das 23.00 horas, un veciño contactou co 112 para informar de que o home saíra en bicicleta pola tarde e non volvera a casa. O servizo deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Nacional, á Local e aos voluntarios de Protección Civil de Monforte de Lemos. Pasada a medianoite, un dos alertadores volveu contactar co 112 para confirmar que o localizaron sen vida. Ata o lugar desprazouse o 061, que certificou o falecemento.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...