HomeSucesosAbsolven un matrimonio acusado de apropiarse de 50.000 euros dun ancián

Absolven un matrimonio acusado de apropiarse de 50.000 euros dun ancián

A sentenza recoñece que as probas testemuñais son insuficientes porque as testemuñas non presenciaron directamente os feitos

Publicado o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo ditou sentenza absolutoria para un matrimonio de Monforte acusado dos delitos de apropiación indebida e estafa.

A Sala conclúe que non hai probas de que enganasen a un octoxenario, xa falecido, para que lles entregase o diñeiro, nin que se apropiasen del de maneira ilícita. Os feitos remóntanse ao ano 2013 cando o home se foi a vivir cos seus veciños para que o coidasen a cambio dunha retribución económica de 470 euros mensuais que lles daba o neto do home.

Entre novembro de 2016 e xaneiro de 2017 o ancián retirou da súa conta máis de 50.000 euros en tres pagos diferentes, feito que denunciaron tanto o neto como a súa nai cando este faleceu, en 2021.

Para o tribunal, a proba testemuñal presentada foi considerada insuficiente e de carácter indirecto, xa que se baseaba en declaracións de testemuñas que non presenciaran directamente os feitos.

Ademais, na sentenza destácase que o falecido mantiña unha capacidade de xestión do seu patrimonio e que non existía constancia de reclamacións previas ao ano 2019 sobre o diñeiro supostamente apropiado. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...