HomeSucesosDesprendementos, inundacións e caídas de árbores

Desprendementos, inundacións e caídas de árbores

Son os efectos da borrasca 'Helena' ao seu paso por Galicia, que tamén se está deixando sentir no sur de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O temporal está provocando algunhas incidencias puntuais no sur de Lugo como desprendementos de terras, caídas de árbores ou inundacións.

A estrada OU-536 que une o Concello de Castro Caldelas co de Monforte de Lemos estivo cortada este xoves por mor dun desprendemento de terra e rochas nunha curva moi pechada moi preto do embarcadoiro de Doade, baixando da parroquia de Abeleda.

Dende onte tamén hai estradas afectadas por inundacións na provincia de Lugo onde se rexistraron diferentes cortes por mor das choivas e un fenómeno meteorolóxico adverso. En concreto, unha delas, a LU-P-4705 na Pobra do Brollón, viuse afectada polo desbordamento do río Saa.

No Concello de Folgoso do Courel tamén houbo incidencias derivadas do temporal, relacionadas con caídas de árbores e desprendementos. Máis información sobre os efectos da borrasca Helena no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...