HomeSucesosUnha cámara térmica permite sufocar un incendio en Sober

Unha cámara térmica permite sufocar un incendio en Sober

A rápida intervención dos Bombeiros de Monforte de Lemos, que utilizaron unha cámara térmica para localizar con exactitude o foco dun incendio, permitiu que as lapas que ameazaban con destruír o tellado dunha casa en Sober fosen sufocadas antes de que chegasen a propagarse a todo o teito do inmoble.

Publicado o

 EFE.- Segundo informaron a EFE fontes do parque de Bombeiros, o sinal de alarma saltou sobre as 09:30 horas a través do 112 e, inmediatamente, desprazáronse ao lugar, en Souto Novo -na parroquia de Anllo– catro efectivos do parque con dous vehículos.
Uns vinte minutos despois chegaron ao lugar do incendio, onde xa estaban a traballar efectivos de Protección Civil, e viron que saía abundante fume do tellado de edificio. Para buscar a orixe do lume, destellaron dous metros cadrados da cuberta e introduciron unha cámara térmica que lles permitiu localizar e sufocar o foco exacto do incendio, antes de que as lapas se propagrasen ao resto do inmoble.
Os bombeiros estiveron a traballar na vivenda ata as 11:30 horas, para arrefriar a zona e asegurarse de que as chamas non se reavivasen. Neste suceso non houbo que lamentar danos persoais. 

ÚLTIMAS

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios...

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...