HomeSucesosCatro intoxicados por inhalación de fume nun incendio no interior dunha casa...

Catro intoxicados por inhalación de fume nun incendio no interior dunha casa en Sober

Publicado o

- Advertisement -

Catro persoas resultaron intoxicadas pola inhalación de fume este luns no concello de Sober despois de declararse un incendio no interior da súa vivenda. Segundo informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron constancia do sucedido ao redor das 17,00 horas deste luns. Foron os ocupantes da vivenda os que alertaron de que un colchón comezara a arder no interior da súa casa.

Requeriuse aos Bombeiros de Monforte, que retiraron o obxecto incendiado e sufocaron as chamas. As catro persoas que había no interior do inmoble resultaron intoxicadas pola inhalación de fume acumulado no interior da estancia, polo que foron trasladadas polos servizos sanitarios. Os servizos de emerxencia contaron co apoio da Garda Civil.

ÚLTIMAS

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...