HomeCulturaActividades programadas para o mes de xuño no Saviñao

Actividades programadas para o mes de xuño no Saviñao

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Saviñao vén de facer público que a Piscina Municipal abrirá as súas portas a partir do vindeiro día 25. Os prezos da entrada oscilarán entre 1 euro para nenos maiores de 3 anos, 2 euros adultos e os menores de 3 non pagarán polo seu acceso. Igualmente, o Concello pon a disposición dos usuarios uns bonos de carácter tanto mensual como por tempada.

  • Nenos ata 14 anos, 12 euros polo mes ou 20 euros pola tempada.
  • Adultos, 22 euros ó mes ou 40 euros pola tempada e,
  • Familias, 35 euros ó mes ou 60 por toda a tempada.

De igual forma, o día 30 de xuño, na Praia da Cova, vanse realizar xornadas de buceo organizadas polo centro Olasalada en colaboración co Concello do Saviñao. Os prezos oscilan entre os 60 euros por unha persoa, 50 euros persoa se son grupos de 2 e 45 se son 3 persoas. Para 4 ou máis persoas, o prezo indivual é de 40 euros.

Para poder participar nesta xornada, os interesados poden chamar ó número 622.02.85.18 ou na páxina web da organización buceolasalada.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...

Monforte celebra o San Antonio

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San...