HomePolíticaAs glorietas na ronda Emilia Casas Baamonde de Monforte construiranse este verán

As glorietas na ronda Emilia Casas Baamonde de Monforte construiranse este verán

A Consellería de Infrastructuras e Vivenda adxudicou á empresa Ovisa a contrucción das dúas glorietas no casco urbano de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

As obras, que teñen un orzamento de 252.000 euros darán comezo, previsiblemente, a primeira quincena de xullo e contarán cun prazo de execución de tres meses. Á súa construción hai que engadirlle o reforzo do firme, as beirarrúas, o acondicionamento dos entroncamentos das vías trasversais, a reposición da drenaxe e da sinalización viaria e defensas.

A construción das beirarrúas comprenderá o tramo, pola marxe esquerda, entre as glorietas de Abeledos e a Corredoira, e na parte sueste da glorieta dos Abeledos darase continuidade á beirarrúa xa existente.

Aproveitando as actuacións levadas a cabo nesa zona da cidade, reforzarase a iluminación no ámbito da obra, colocando novos báculos con luminaria LED nos pasos de peóns. A iluminación nas novas glorietas consistirá en farois centrais, formados por columnas de aceiro galvanizado con catro proxectores suxeitos e tamén con luminaria LED.

 

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...