HomeTerra de LemosMonforteSomos os galegos propensos a estafar ós seguros?

Somos os galegos propensos a estafar ós seguros?

Galicia ten unha media dun 2.2% de fraude ás compañías aseguradoras, máis de medio punto por riba da media nacional o que a sitúa na cuarta posición no ranking de España

Publicado o

- Advertisement -

A imaxinación da xente non ten límites, e se de aproveitarse das compañías aseguradoras falamos, ó inxenio pode chegar a límites insospeitados. Querer cambiar os electrodomésticos e mobiliario da casa, ocultar enfermidades á hora de rubricar un seguro de vida, interpoñer denuncias falsas de sinistros de autos e incluso, finxir a morte, son algúns dos múltiples casos que se presentar diarimente nas compañías aseguradoras. E é que anualmente, en Galicia, no 2017, un 2.2% dos partes de accidentes que se lle presentaron ás compañías aseguradoras, eran falsos. Esta cifra en sí xa é alarmante pero aínda o é máis se se compara co 1.73% da media española. Estos datos tradúcense en que os galegos protagonizan un 27% máis de fraudes ós seguros ca media nacional.

En febreiro de 2018, a compañía aseguradora AXA fixo público o seu V Mapa Axa del Fraude en España.  Neste informe recóllense todos os casos de partes a seguros fraudulentos durante o 2017.

Dende a compañía asegurado constátase ca crise económica dos últimos anos pode ser unha das causas da picaresca dos usuarios. O 60% dos partes de accidente de auto que se rexistaron en todo o ano eran fraudulentos fronte a un 30% de seguros multirisco (fogar, comecio, oficina e comunidades) e o 10% dos seguros diversos (transporte, industria, saúde, accidente e vida). Estas cifras veñen a afirmar que non hai ningunha liña de negocio libre de acción fraudulenta.

A tipoloxía de fraude pódese dividir en ocasinal ou oportunista, onde o asegurado aproveita a realidade dun sinistro para introducir danos preexistentes ou anteriores onde o 65€ das ocasións trátase de fraudes con cuantías inferiores a 600 euros. O fraude organizado, onde bandas organizadas e apoiadas por profesionais buscan a industrialización do seu delito. E o fraude premeditado, no que o interesado comunica danos que foron ocasionados de modo intencionado. Neste tipo de fraude soen actuar varias persoas e a media de indemnización nestes casos ronda os 4000 euros.

taxa de fraude en españa

Taxa de fraude en España/AXA

As comunidades onde se producen máis fraudes ás compañías aseguradores son Melilla, Murcia, Andalucía e Canarias. Polo contrario, Madrid, País Vasco, Ceuta e Cataluña son as comunidades onde se aprecia menor índice de fraude.

causas de fraude no seguro de auto

Máis do 88% dos sinistros de auto comunicados teñen relación ca conducción do coche, fronte ó 5.6% por roubo, o 0.3%  no tocante ós cristais, o 0.1% por fenómeno atmosférico.

A detección de fraude ás compañías aseguradoras teñen un importante impacto na prima que pagan os asegurados polas súas pólizas. Oscila entre o o 1% que pode aumentar o prezo do seguro de transportes ata o 17% no caso de ser un seguro de responsabilidade civil.

Infografía precio do seguro en caso de fraude/AXA

 

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...