HomeCulturaPresentación do libro "Memorias dunha vaca marela"

Presentación do libro “Memorias dunha vaca marela”

O acto enmárcase dentro das actividades culturais e de divulgación que promove o BNG Lugo-Sul e contará coa presenza de Emilio X. Sánchez, portavoz municipal do BNG no concello de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O acto de presentación do libro de Afonso Eiré, “Memorias dunha vaca marela” terá lugar este venres 15 de xuño ás 20:30 h. no Centro do Viño de Monforte.

O autor rescata nesta obra á protagonista de “Eu tamén fun coas vacas”, a vaca Cachorra, para contarnos a súa vida e amosarnos os cambios que se produciron dende que moraba nunha corte até que se trasladou a vivir en modernos estábulos.  Partindo dos cambios vividos polas vacas o libro achéganos tamén os cambios vividos polos habitantes do rural galego.

Memorias dunha vaca marela/BNG Lugo-Sul

afonso eiré

Afonso Eiré é un escritor e xornalista nado en Laxe (Chantada), colaborador en diversos medios estatais, director e conselleiro delegado de A Nosa Terra, publicou un gran número de obras literarias que o levaron a recibir numerosos premios.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...