Máis de 200 niños de avespas velutinas foron retirados no que vai de ano no municipio de Pantón, onde o pasado venres faleceu un veciño de 67 anos por múltiples picaduras tras atoparse cun niño cando rozaba unha leira.
Así o destacou este martes o alcalde do municipio, José Luís Álvarez, quen relatou que o home se topou co niño “entre as silvas” cando se rozaba no seu tractor.
“Eran velutinas, pero se quizá fosen abellas normais pasaría o mesmo. Cando che pica un enxame completo iso convértese nun problema”, destacou o rexedor.
A presenza da avespa asiática é un problema neste municipio do sur da provincia de Lugo, tal e como manifestou o propio alcalde, quen ratificou que no que vai de ano se retiraron “máis de 200 niños”. “É un problema co que non damos abasto“, abundou.
Ademais, Álvarez sinalou que diariamente se desarman “da orde de catro ou cinco niños” con persoal do propio Concello, que dispón de “traxes especiais e dunha pértega para as (velutinas) que están arriba”. “Inxéctaselles líquido e morren”, concluíu.