HomeCultura14.000 turistas en Monforte

14.000 turistas en Monforte

O Museo de Ferrocarril rexistrou no que vai de ano tantas visitas como no conxunto do 2017

Publicado o

- Advertisement -

O Museo do Ferrocarril de Monforte (Muferga) cada día está a adquirir maior notoriedade en canto a turismo, tanto nacional como internacional.

Balseiro, delegado da Xunta de Lugo e actual presidente do Padroado do Ferrocarril resalta que “no que levamos de ano, con 14.000 visitas, xa se superou a cifra record acadada no conxunto do ano pasado. Entre as últimas, atópanse alemáns e australianos”.

Dentro do emprazamento deste museo, único en España, xa están rematadas as obras de adaptación e reforma de ampliación de superficie do museo, aproveitando os espazos en desuso dunha nave contigua. Este novo espazo do Muferga alberga a última mesa de control de tráfico de Galicia, que funcionou en Ourense ata a entrada do sistema dixital actual. Tamén se incorporou unha recreación dunha antiga escola ferroviaria, a recreación dun gabinete de circulación ferroviaria, unha sala que acolle unha ampla colección de reloxos ferroviarios e un conxunto expositivo temporal de pintura baixo o título “RailArte Muferga” con distintas reproducións da colección de Luis Díaz Guerra.

Sala de exposición de pintura en Muferga/Xunta de Galicia

Como xa anunciou o XdL o 16 e 17 de xuño, todos os que decidan visitar o Museo do Ferrocarril gozarán dunha xornada de lecer arredor do ferrocarril e da feira que se celebrará en torno a el.

 

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...