HomeEconomíaPasos adiante na electrificación do tramo ferroviario Ourense-Monforte-Lugo

Pasos adiante na electrificación do tramo ferroviario Ourense-Monforte-Lugo

Adif aprobou a licitación de tres contratos cun investimento global de 83.071.728,16 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O Consello de Administración de Adif aprobou a licitación de tres contratos, condicionada á autorización de Consello de Ministros, para avanzar na electrificación do tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, cun investimento global de 83.071.728,16 euros (IVE incluído).

Segundo informou Adif nun comunicado, estes contratos “engloban aexecución da electrificación e a mellora das instalaciónsde sinalización e telecomunicacións do tramo Monforte-Lugo”, así como a construción da subestación eléctrica de tracción de Oural e dos centros de autotransformación necesarios para o traxecto Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

Un dos contratos licitados, cun orzamento de 21.230.252,91 euros (IVE incluído), comprende a execución da electrificación entre as estacións de Monforte de Lemos e a terminal de Lugo Mercadorías, do traxecto Monforte de Lemos-Betanzos, cunhalonxitude total de 70 quilómetros.

Este inclúe a electrificación das estacións de Rubián, Oural, Sarria, San Xian, Laxosa, Lugo e Lugo Mercadorías. No devandito traxecto, actualmente non electrificado, instalarase un sistema de liña aérea de contacto (catenaria) a 25 kV en corrente alterna (CA).

O segundo dos contratos aprobados, por un importe de licitación de 18.427.458,36 euros, fai referencia á construción da subestación eléctrica de tracción de Oural e dos centros de autotransformación para o tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

“Estes elementos son necesarios para implementar a electrificación do tramo a 25 kV, configuración á que se transformará o tendido actualmente existente entre Ourense e Monforte e co que estará dotada anova electrificación entre Monforte e Lugo“, explica Adif.

O fin do terceiro contrato aprobado radica en “a mellora das instalacións de sinalización e telecomunicaciónsdo tramo Monforte-Lugo”, apunta Adif, cun investimento de 43.414.016,89 euros.

MELLORAS

As actuacións de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte-Lugo, nas que se enmarcan estas licitacións, “teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como afiabilidade, o confort e os tempos de viaxe“, destaca Adif.

Ademais, indicou que xa se atopa en servizo desde abril de 2018 a variante da Pobra de San Xiao, entre Monforte e Lugo. Entre os principais beneficios deste novo trazado, duns sete quilómetros de lonxitude, destaca asupresión dos 14 pasos a nivel do anterior trazado, “co consecuente aumento da seguridade ferroviaria, viaria e peonil, así como o incremento da velocidade de paso dos trens ata os 160 quilómetros por hora”, conclúe Adif.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...