HomePolíticaO PSdeG esixe á Xunta garantías de continuidade para o paridoiro de...

O PSdeG esixe á Xunta garantías de continuidade para o paridoiro de Monforte

Patricia Otero reclamou ao goberno galego "accións concretas para reverter a política de perda de servizos sanitarios no rural".

Publicado o

- Advertisement -

A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiu á Xunta que garanta a continuidade dos paridoiroscomarcais galegos, especialmente os de Burela e Monforte e que aclare se estenderá o peche do centro de Verín a outros centros sanitarios do rural.

Desta forma, a deputada lucense presentou esta semana unha batería de iniciativas parlamentarias contra “este tipo de políticas de peche de servizos” que, segundo ela, “ameaza con seguir o mesmo futuro que o paridoiro de Verín” aos centros de Monforte, con 318 nacementos rexistrados en 2018 e de Burela, con 350, por ser cifras “insuficientes” para a Xunta.

Otero reclamou ao goberno galego “accións concretas para reverter a política de perda de servizos sanitarios no rural” que, segundo sinalou, levará a un maior descenso de poboación xa que a retirada de servizos actúa como elemento disuasorio á hora de fixar ou atraer xente” ás comarcas máis pequenas.

Así mesmo, apuntou que este modelo “prexudica especialmente ás mulleres, ás que se lles quita a posibilidade de dar a luz no centro máis achegado” ademais de que “a última etapa do embarazo se converte nun rosario de desprazamentos entre o domicilio e o hospital afastado” xa que desde os primeiros síntomas ata o ingreso definitivo poden “pasar varios días”.

ÚLTIMAS

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...