HomeTerra de LemossanidadeUn home con 89 anos ingresado en Monforte, sexta vítima mortal en...

Un home con 89 anos ingresado en Monforte, sexta vítima mortal en Galicia

Trátase dun veciño de Chantada que sufría patoloxías previas e que recibira a visita dunha persoa de Madrid que tamén deu positivo.

Publicado o

- Advertisement -

Un home de 89 anos de idade que estaba ingresado no Hospital de Monforte (Lugo) é a sexta vítima mortal con coronavirus que rexistra a Comunidade galega.

Segundo informaron as autoridades sanitarias, este paciente presentaba múltiples patoloxías complexas previas. O home, aillado dende a pasada semana nunha planta do hospital foi o primeiro afectado da zona e chegou derivado do centro de saúde de Chantada. No distrito sanitario de Monforte eran 7 os casos oficiais declarados.

RELACIÓN CUN CASO POSITIVO DE MADRID

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o finado recibira a visita dunha familiar residente en Madrid, quen tamén ingresou nun hospital da capital española por positivo en coronavirus.

DATOS EN GALICIA

A quinta vítima mortal en Galicia foi un home de 75 anos, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e que presentaba varias patoloxías crónicas previas.

Pola súa banda, a cuarta vítima mortal rexistrouse o mércores 18 de marzo, xornada na que faleceu un home de 72 anos tamén ingresado na Coruña.

Previamente, a terceira vítima mortal en Galicia foi un home de 45 anos de idade que contaba, así mesmo, con patoloxías previas e que tamén estaba ingresado no Chuac.

Antes faleceu un home de 81 anos con varias patoloxías, ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, mentres que a primeira morte en Galicia foi a dunha muller de 92 anos, con múltiples patoloxías previas, que estaba ingresada no centro de Povisa, en Vigo.

ÚLTIMAS

IV Encontro arredor do Viño, “Montefurado: patrimonio e terroir”, do 13 ao 15 de xuño en Quiroga

Este luns presentábase na Delegación Territorial da Xunta en Lugo o cuarto Encontro arredor...

O DH Molinos reuniu no Páramo aos mellores riders do Estado

A proba, organizada pola DHG Team de Sarria, incluíse este ano no calendario da...

Networking e sinatura de convenio de colaboración entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Nordés Club Empresarial para afrontar os retos do...

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next dará a coñecer proximamente os resultados destas...

O Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas de Pádel e de Tenis

O Concello de Chantada instalou no 2023 unha nova Pista de Pádel na Área...