HomeTerra de LemosMonfortePechan as instalacións do Club Fluvial de Monforte tras o positivo dun...

Pechan as instalacións do Club Fluvial de Monforte tras o positivo dun traballador

Os compañeiros de traballo do contaxiado están á espera de coñecer as probas

Publicado o

- Advertisement -

As instalacións do Club Fluvial de Monforte permanecerán pechadas temporalmente por precaución despois de que se detectase un positivo en COVID-19 nun dos traballadores.

O Club xa informou o pasado luns de que as súas instalacións permanecerían pechadas 48 horas “por precaución” despois de que un dos seus traballadores tivese coñecemento de que estivera en contacto cun caso positivo de coronavirus. Segundo fontes próximas, o contacto produciuse fóra da localidade, durante uns días de vacacións do traballador.

De feito, as mesmas fontes apuntan a que o afectado só estivo ao redor dunha hora nas instalacións antes de que coñecese a súa posible relación cun positivo, momento no que se illou.

A última hora do martes, a PCR confirmou que o empregado dera positivo en COVID-19, polo que o Sergas activou o protocolo de rastrexo de contactos. Os compañeiros que coincidiron na súa quenda foron sometidos a PCR e, á espera dos resultados, o Club permanecerá temporalmente pechado.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...