InicioMedio ambiente e PatrimonioA orixe da tradicional subida á Igrexa de San Vicente bendecir as...

A orixe da tradicional subida á Igrexa de San Vicente bendecir as roscas o día de San Blas

Felipe Aira Prado investigador do pasado de Monforte aporta un estudo realizado por el onde da a coñecer a tradición da cidade, neste caso a tradición subida a San Vicente bendecir as rosquillas o día de San Blas

Publicado o

- Advertisement -

Tras moitos estudos históricos realizados, considérase que o monxe Andrés Prado puido ser o artífice da orixe da lenda “La Corona de Fuego“, historia a raíz da cal naceu o que na actualidade é a tradicional celebración de San Blas en Monforte.

Estudosos da materia consideran que o abade de San Vicente do Pino, Andrés Prado, no século XIV foi asasinado polo II Conde de Lemos. Así o amosan as escrituras atopadas de fray Mancio “dicen murió como mártir por defender las cosas del monasterio. Púsole el conde un casquete de hierro ardiendo. Está enterrado en la iglesia de la Regoa anexa al monacal en un sepulcro de piedra labrada de su estatura y con el casquete de hierro en la cabeza. Está su sepultura en medio de la iglesia levantando de la tierra y es fama que los enfermos de oídos que pasaban por debajo del sepulcro, sanaban”. 

Estatua de xacente de Fray Prado Fray Mancio de Torres/F.A.

A fama de curación das doenzas de oídos que lle profesaban os monfortinos ó abade dende o século XVI chegouse a fusionar, co paso dos anos, coa historia de San Blas. Todo isto, e tras varias maniobras exercidas por parte dos Condes de Lemos e o bispado de Lugo, levou ó esquecemento do monxe benedictino pero non á tradición de San Blas, coa súa cofradía que se remonta ó referido século.

Lápida xacente do abade Andrés Prado/F.A.

Este escrito da época foi a orixe da tradicional crenza de que San Blas é o santo milagreiro da gorxa e os oídos. Xa no ano 1796, o bispo de Lugo ordenou quitar este sepulcro do seu lugar orixinario pero, en cambio, a sepultura acabou aparecendo nas obras do ano 1931 na actual Praza de España, lugar orixinario da Igrexia da Regoa.

Na actualidade, dita estatua do abade Andrés Prado está no museo provincial de Lugo, onde se poden observar as marcas que ten na cabeza como consecuencia da retirada do casquete,  aínda que é propiedade do Concello de Monforte, unha peza moi relevante na historia da cidade.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte apoia con 5.000 euros a participación de Eduardo Iglesias no Dakar

O piloto Eduardo Iglesias volverá competir no Rally máis duro do mundo e farao...

Que pasa no centro de saúde de Chantada?

O Concello de Chantada acordaba, no pleno celebrado en setembro, que o alcalde, Manuel...

Dous días máis de permiso para os traballadores do concello de Monforte pola coincidencia en domingo dos festivos de Nadal

As traballadoras e traballadores públicos do concello de Monforte poderán gozar de dous días...

A A.V. do Saviñao segue buscando solucións ás antenas de telefonía móbil

A asociación veciñal do Saviñao decide facer esta solicitude á Xefatura Provincial de Telecomunicacións...