HomesociedadeA veciñanza de Pantón volve ter auga tras secar o pozo

A veciñanza de Pantón volve ter auga tras secar o pozo

O alcalde asegura que "para evitar problemas no futuro", fíxose outro pozo que se porá en funcionamento entre hoxe e mañá.

Publicado o

- Advertisement -

A veciñanza da parroquia de Vilar de Ortelle, no concello de Pantón, recuperaron o servizo de subministración de auga potable tras secar un pozo que, ademais, fornece a cinco núcleos de dita parroquia.

O alcalde, José Luís Álvarez, puntualizou que se trata dun “pozo de bombeo e ultimamente observouse que escaseaba a auga e o fin de semana, en concreto o sábado, tívose que cortar a subministración”.

Agora, engadiu, xa “funciona” o pozo aínda que “para evitar problemas no futuro fíxose outro que se porá en funcionamento entre hoxe e mañá”.

Segundo indicou, o problema vén derivado da “seca”, co baleirado do manancial e un corte que afectou a un cincuenta veciños.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...