HomeMedio ambiente e PatrimonioO alcalde asegura que o incendio de Frontón foi "intencionado": "Plantouse en...

O alcalde asegura que o incendio de Frontón foi “intencionado”: “Plantouse en sete puntos diferentes”

José Luís Álvarez indica que o lume "está controlado, cercado polas estradas".

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, asegurou que o incendio declarado na parroquia de Frontón, que queimou unhas 25 hectáreas, foi “intencionado”.

Así, informa de que se descubriron “ata sete puntos diferentes onde se plantou lume”. O lume está estabilizado, segundo a última actualización da Consellería de Medio Rural desta mañá de mércores.

Álvarez sinala que “está controlado, cercado polas estradas”, aínda que “segue ardendo o que hai no medio”. “Ao ser un terreo de tanto desnivel é moi difícil apagalo con auga”, razoa.

O alcalde de Ferreira de Pantón congratulouse de que “o perigo xa non existe, aínda que chegou a achegarse a unha aldea, pero por sorte aí tíñanse as franxas feitas a 50 metros e nunca se correu perigo”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...