InicioTerra de LemosA treboada deixa centos de raios na Comarca de Lemos

A treboada deixa centos de raios na Comarca de Lemos

Son datos de Meteogalicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Galicia rexistrou na tarde deste mércores máis de 550 raios, fundamentalmente concentrados nas comarcas de Terra de Lemos e a Montaña de Lugo.Segundo os medidores de Meteogalicia, entre as 16,00 e as 20,30 horas contabilizáronse 561 raios provocados por treboadas nas provincias de Lugo e Ourense.

Ambas as provincias atopábanse este mércores en alerta por risco de treboadas. Estes episodios iniciáronse durante a tarde e provocaron descargas eléctricas no sur e o leste da provincia de Lugo e o norte de Ourense, onde tamén se deixaron notar na localidade de Xinzo de Limia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...