HomeTerra de LemosMonforteA CHMS retira peixes e cangrexos do río Cabe ao seu paso...

A CHMS retira peixes e cangrexos do río Cabe ao seu paso por Monforte

Faino tras comprobar a morte de especies por unhas obras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Confederación Hidrográfico do Miño-Sil (CHMS) finalizou os traballos de protección e traslado da fauna piscícola no río Cabe no seu paso polo centro urbano de Monforte de Lemos. Esta recolocación débese a que se renovan as obras de acondicionamento e mellora da Pinguela, para as que o Estado investirá máis de 600.000 euros.

Nun comunicado, a CHMS indicou que as accións están situadas en Rede Natura e autorizadas e supervisadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta.

Así, o Servizo de Conservación de Lugo –encargado da supervisión e dos pasos a seguir– informou o pasado martes, 23 de agosto, da necesidade de retirar as especies nese tramo tras detectar 11 troitas e un cangrexo de río mortos.

Desta forma, o presidente da Confederación, José Antonio Quiroga, sinalou que “durante a mañá deste xoves apareceron oito troitas mortas máis durante os labores de traslado, á finalización das obras está prevista unha solta de alevíns para manter as especies habituais do río Cabe”.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...