HomeEconomíaO Círculo das Artes de Lugo acollerá un salón de viños da...

O Círculo das Artes de Lugo acollerá un salón de viños da Ribeira Sacra

Será o luns, 29 de xaneiro, de 12:00 a 21:00 h., e estarán presentes as adegas Don Bernardino S.L., Pazo de la Cuesta S.L.U., Viñas de Belesar S.L.U., Grupo Peago S.L. e Regina Viarum S.L..

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Regulador organiza “Ribeira Sacra, viños de altura feitos arte”, unha xornada temática que inclúe un salón de viños da D.O. Ribeira Sacra para coñecer máis polo miúdo a viticultura de altura.

O evento desenvolverase no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, o luns, 29 de xaneiro, de 12:00 a 21:00 h. estando presentes as seguintes adegas: Don Bernardino S.L., Pazo de la Cuesta S.L.U.; Viñas de Belesar S.L.U., Grupo Peago S.L. y Regina Viarum S.L..

Salón Rexio. Foto: Web Círculo das Artes.

AXENDA DA XORNADA

12:00 h: Presentación do Salón de Viños no Salón Rexio.

12:15 h: Cata maxistral con Mercedes González, sumiller e Presidenta en Vitislucus Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo.

14:30 h: Comida maridaxe (Previa reserva).

17:00 h: Salón de Viños.

21:00 h: Peche do Salón.

O Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, destaca que, “é unha oportunidade única para afondar nas nosas castes, en elaboracions e crianzas especiais; nas nosas parcelas, chans, climas,… todas esas cuestións que fan tan característica a nosa viticultura e os nosos viños”.

Esta cita cos viños da D.O. Ribeira Sacra está dirixida á hostalería, restauración, distribuidores, outros profesionais do sector e público en xeral. Para socios/as do Círculo das Artes o acceso é gratuito, e para o resto de público a entrada ten un custe de 6 €.

Máis información e reservas en: info@ribeirasacra.org / mercedes.embajadora@gmail.com ou a través do whatsapp 689292675

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...