HomesociedadeUnha nova concentración en Monforte de Lemos e Barcelona reclama a volta...

Unha nova concentración en Monforte de Lemos e Barcelona reclama a volta do tren nocturno

O BNG criticou que "se aproveitase" a situación de pandemia e confinamento para "proceder aos recortes" de servizos de tren en comarcas de Lugo e Ourense

Publicado o

- Advertisement -

Unha nova concentración no municipio lucense de Monforte de Lemos reclamou este sábado a volta do tren nocturno a Barcelona, que está suprimido desde a pandemia. Na concentración participou o portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, e, de forma simultánea, realizouse á mesma hora unha en Bacelona, diante da estación de Sans.

Rego sinalou que esta mesma semana reclamou ao Ministro de Transportes na súa comparecencia no Congreso que “rectificase a negativa” do Ministerio para a reposición do tren hotel para “cumprir” coas demandas das “comarcas prexudicadas”.

“Os trens hotel que conectaban Galicia con Barcelona e con Madrid cumprían un servizo necesario para milleiros de migrantes galegos”, apuntou Rego, á vez que afirmou que era unha “conexión útil” e “debe volver” conectar Monforte e Barcelona.

O deputado do BNG criticou que “se aproveitase” a situación de pandemia e confinamento para “proceder aos recortes” de servizos de tren en comarcas de Lugo e Ourense que “acumulan grandes deficiencias” en materia ferroviaria.

Na concentración da estación de Barcelona-Sants, a emigración galega na capital catalá mobilizouse, xunto coa responsable do BNG da comarca de Lugo sur, Rosana Prieto a prol da recuperación deste servizo ferroviario “fundamental para a comunidade galega na emigración”.

 “Unha acción que forma parte da campaña que está a impulsar o BNG co obxectivo de lograr a restauración dos trens nocturnos, e na tamén se fará unha recollida de sinaturas, máis concentracións na comarca de Lemos, así como futuras manifestacións nas comarcas veciñas de Lugo e Ourense. Tamén se están presentando mocións en concellos para instar o Ministerio de Transporte a restablecer este servizo, con iniciativas xa presentadas no Congreso a través do deputado Néstor Rego” declarou Rosana Prieto.

ÚLTIMAS

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A asociación 'Polamiúda' de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla...

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...