HomesociedadeDende o luns os cribados de cancro de mama do distrito sanitario...

Dende o luns os cribados de cancro de mama do distrito sanitario de Monforte realizaranse en Lugo

Será unha medida provisional co obxectivo de proceder á reparación ou dotación dun novo mamógrafo no Hospital Público de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

Consellería de Sanidade informou de que, a partir do próximo luns, día 17 de febreiro, e de maneira provisional, co obxectivo de proceder á reparación ou dotación dun novo mamógrafo no Hospital Público de Monforte de Lemos, os cribados de cancro de mama das mulleres do distrito sanitario de Monforte de Lemos realizaranse en Lugo. Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Consellería de Sanidade, a través da Dirección xeral de Saúde Pública, proporciona transporte gratuíto ás mulleres para que se despracen a Lugo para a realización das mamografías do programa de cribado, que levarán a cabo no centro de saúde da Praza de Ferrol.

Desta forma, envía no SMS unha ligazón á web do departamento sanitario galego con toda a información dos horarios dos autobuses. Esta medida será provisional, mentres non se repare ou se dote dun novo mamógrafo ao Hospital Público de Monforte. Desde a área sanitaria xa traballan para ofrecer unha “áxil resposta a esta situación”. No momento en que o Hospital Público de Monforte teña operativo de novo o mamógrafo, desde a Consellería de Sanidade procederase a informar de modo particular ás persoas que estivesen citadas para a realización do cribado en Lugo.

ÚLTIMAS

José Tomé propón unha dedicación exclusiva en Monforte tras dimitir como presidente da Deputación de Lugo

O alcalde de Monforte, José Tomé, levará ao pleno do vindeiro luns, 26 de...

Ribeira Sacra reforza en Fitur a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Durante o acto institucional de presentación da candidatura, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua...

O 14 de febreiro Sober celebra o desfile de Entroido e o Baile da Cachucha

O sábado, día 14, a festa empeza ás 17:00h co desfile de Entroido...