HomeMedio ambiente e PatrimonioO luns 28 o Concello de Monforte recollerá os plásticos agrícolas nas...

O luns 28 o Concello de Monforte recollerá os plásticos agrícolas nas parroquias

A recollida de plásticos agrícolas nas parroquias sempre tivo gran aceptación por parte dos gandeiros

Publicado o

- Advertisement -

A concellería de Medio Ambiente de Monforte vai proceder á recollida de plásticos agrícolas o vindeiro luns 28 de maio dende a primeira hora da mañá e ao longo de todo o día, facéndoo coincidir na época onde se xeran máis residuos derivados do ensilado da herba.
As parroquias onde se vai actuar son,

Marcelle, no campo da festa
Santa Mariña de Caneda, no campo da Pousa
Bascós e Sindrán, no local social de Bascós
Reigada e as Fontes de Reigada, na Praza Mourelo
Piñeira
A Parte e Valverde, no campo da festa de Proveiros
Chao do Fabeiro, no campo da festa
Moreda, San Xoán San Xulián e Seoane, no local social de San Xoán de Tor
Fiolleda, na estrada de Currelos e en,
Baamorto, no campo de fútbol

Os plásticos deberán depositarse atados e dobrados para facilitar o seu manexo e evitar a súa dispersión ao longo da fin de semana nos puntos sinalados anteriormente.

Igualmente, estes plásticos pódense eliminar o resto do ano levándoos ao Punto Limpo de Monforte.

ÚLTIMAS

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...