HomeEconomíaA Deputación investirá 180.000 euros nas estradas de Terras de Lemos

A Deputación investirá 180.000 euros nas estradas de Terras de Lemos

Álvaro Santos Ramos, voceiro do Goberno da Deputación, informou de que o Executivo Provincial aprobou hoxe en Xunta de Goberno a contratación de obras na provincia por valor de 553.000 euros

Publicado o

- Advertisement -

Do montante total do presuposto, 180.000 euros irán destinados a estradas de Monforte de Lemos.

Deste xeito asfaltaranse 465 metros da LU-P-0506, de Monforte a Sober, entre os puntos quilométricos 0 e 0.4; 492 metros da LU-P-3205, de Monforte a Reboredo, entre os puntos quilométricos 0 e 0.4 e finalmente, 2.2 quilómetros da LU-P-3203, de Monforte a Rozabales, entre os puntos quilométricos 1.8 e 4.1 e entre os 5.2 e o 5.6. Estes tramos suman un total de 3.2 quilómetros.

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...